Seoane, pintor

O alumnado de 3º e 4º de Primaria informouse sobre o pintor Luís Seoane, e inpirándose na súa obra,  atrevéronse a debuxar  e a colorear. Velaquí algúns exemplos:

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Cuidámosvos, abelliñas!

O alumnado de 3º e 4º ten moi claro que as abellas son uns insectos moi importantes para a polinización das plantas  e ademais producen un rico mel. Tamén saben que están seriamente ameazadas polo uso de pesticidas  e polas s avespas velutinas, que son unhas depredadoras voraces. Todos debemos colaborar na súa protección. Velaquí algúns carteis que elaboraron os nosos nenos e nenas.

DENTRO VÍDEO!

Nas últimas semanas, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio, en colaboración co resto do profesorado, elaborouse un vídeo con moitas das creacións literarias e artísticas dos vosos fillos/as que podedes ver na seguinte entrada do blog e Leoteca.  Queremos agradecer unha vez máis ao noso alumnado e ás súas familias o seu esforzo por continuar traballando nas diferentes modalidades do Certame Literario, que, polo motivo de todos coñecido, non puido levarse a cabo.

Tamén se fixo complicado supervisar debidamente por medios telemáticos as producións dos nenos, polo que agardamos que poidan disculpar os erros que poida haber.

O EDLG, ten moi claro que a mellor homenaxe que se lle pode facer ao escritor homenaxeado, o profesor Ricardo Carvalho Calero e aos nosos devanceiros, que mantiveron viva a nosa lingua, é escribir e falar en galego. É esta a única maneira de que lla poidamos transmitir aos nosos fillos…Cando a levamos no corazón!

Dentro vídeo!

https://bibliocanosa.blogspot.com/2020/05/traballos-elaborados-polo-noso-alumnado.html

 

Especial, sexto

 

IMOS DE CORENTENA!

Na casa temos que estar

porque os contaxios poden aumentar.

Tod@s nos quexamos por non poder saír,

pero é polo noso ben e do país.

Botamos de menos a toda a clase,

Xa que as súas tonterías son parte da equipaxe.

Por culpa deste coronabicho

non podemos ir de excursión,

o noso último ano…

Que depresión!!!!

O certame literario

non podemos celebrar

tod@s xuntos no ximnasio,

como era de esperar.

Agora será virtual

coma os nosos videoxogos

aos que nos gusta xogar.

Moito durmín e comín,

por iso todos os  días

saio ao xardín,

xogar coa miña cadela

e facer unha “voltereta”.

Todo o que atopei  por diante pintei,

o rotulador acabouse

e a paciencia da miña nai tamén.

Todos botamos de menos a un ser querido.

Eu boto de menos ao meu mellor amigo.

Xa estou desexando

que se remate esta corentena ,

e así poder esquecer

toda esta faena.

No futuro isto será

como unha mala época,

pero nos libros aparecerá

como a máis longa corentena.

Sei que isto logo  vai rematar,

e moi ledos á escola

voltaremos para estudar.

Laura 6º

OS CAMBIOS NA NATUREZA

Observando o exterior, despois de hai máis de corenta días  dende que deixamos de ir ao cole pola epidemia do coronavirus, vexo que neste tempo houbo cambios nas nosas vidas e tamén na natureza que está máis viva ca nunca.

    Cando empezamos o confinamento aínda era inverno e moitas  árbores  non tiñan follas; agora xa é primavera e teñen as pólas cubertas. Algunhas froiteiras teñen flores e mesmo froitas aínda verdes.

    Os campos e os xardíns están adornados con milleiros de flores de cores.  Tamén notei que os paxariños cantan moito máis.

Andrea

MEU AMIGUIÑO GOLFIÑO       

Ía no meu barquiño de papel,

navegando nas ondas do mar

estaba a ser un cascabel

e a piques de naufragar.

Eu berraba e pensaba

que ninguén me escoitaba

de súpeto apareceches,

e a rescatarme viñeches.

Por iso golfiño,

cando volva navegar,

sempre te hei de lembrar

como o meu amiguiño.

Eloy