DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O martes 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Carlos Casares. O alumnado de 6º, explicounos o significado deste día,  fixo un percorrido pola  vida do autor e encargouse tamén da entrega dos premios aos nenos e nenas premiados no  Certame literario. Parabéns a todos os que participaron!

Aproveitamos tamén este día para recordar a figura de  Eduardo Pondal, o bardo bergantiñán, do que este ano se cumpren os cen anos da súa morte. Ao remate do acto, o alumnado de 6º bailou unha muiñeria, e,  finalmente todos cantamos o Himno Galego.

Se estades interesados en coñecer os traballos que se realizaron sobre A GALIÑA AZUL, unha das obras de Carlos Casares, visita o blogue da biblioteca do centro.

P1170218.JPG

Certame literario do centro

O EDLG promove desde hai dezaoito anos ininterrumpidamente un certame literario no que te animamos a participar. Se che gusta escribir contos, debuxar, a poesía, realizar pequenas investigacións sobre un tema específico…Anímate a participar! Mándanos as túas producións!

Consulta as bases