Conta, quinto!

O KRAKEN

 Na Fosa das Marianas encóntrase un monstro lexendario, temido por todos os que se fan á mar. É o… Kraken!  Esta lura leva séculos atormentando a todo tipo de barcos: buques, mercantes… Ninguén que se atopou con ela conseguiu sobrevivir. Esta besta destroza e afunde barcos e aos seus tripulantes.

Non hai persoa que se   atrevera a desafiala, excepto un mozo audaz e intrépido. É alto, de pelo castaño e uns ollos azuis e profundos como o océano. Chámase Acuario. Só pensa en matar ao Kraken xa que este matou o seu pai. Tras anos de arduos traballos conseguiu suficientes mariñeiros para ir en busca do Kraken.

Embarcaron unha boa mañá con vento a favor; o barco navegaba como un raio. Navegaron polas costas africanas pero non atoparon  ao Kraken. Pouco a pouco, os días ían pasando lentamente, sen nada novo, eran iguais aos anteriores. Estaban a punto de renderse cando se escoitou:

 -Kraken á proa!

Así era, unha silueta emerxeu e empezou a batalla. Acuario e os seus defendíanse como podían dos ataques. Pouco a pouco, as forzas do Kraken diminuíron e así empezou  o cotraataque. Os mariñeiros foron aos canóns e unha chuvia de chumbo caeu sobre o seu adversario. O Kraken non podía resistir máis. Acuario e os seus ían  gañar, pero do océano emerxeu Poseidón e nun intre desencadeouse unha tormenta. O barco afundiuse e só Acuario sobreviviu aferrándose a un anaco de madeira e, agarrado a el, a marea arrastrouno ata Inglaterra.

Alí empezou unha nova vida sen interesarse polo Kraken porque se os deuses querían que esa besta seguise viva, así tería que ser.

debu 5

Seguir lendo “Conta, quinto!”