Informámonos sobre as avespas asiáticas

 Lolo Andrade, experto en  insectos, explica ao alumnado de 1º e 2º como combater á avespa velutina

Os nenos puideron comprobar as diferenzas entre varios insectos  como o abellón, as avespas autóctonas e a avespa invasora, a velutina. Mostroulles niños de velutinas e de como os expertos debidamente uniformados, se encargan de eliminalos. Ensinoulles tamén a construír trampas utilizando unha botella de auga baleira, para atrapar estas avespas.  Insistiu na importancia de colocalas agora na primavera, que é cando saen as raíñas e empezan a construír os  niños primarios.